En 1978 retorna de modo definitivo a Vigo, par exercer como profesor de debuxo nun instituto da cidade. Son os tempos en que bota a andar en Baiona o grupo Atlántica, do que foi un dos fundadores, a pesares de que o seu estilo estaba en contraposición co expresionismo do resto dos integrantes. Espuxo en todas as mostras do grupo deica “Atlántica 83” , ademais de ser seleccionado tamén para outras exposicións de arte galega como “Imaxes dos 80 dende Galicia” (1984), “Tempos de Pintura” (1985), a mostra de artistas galegos da Conselleria de Cultura en ARCO 83 e 84, ou a Mostra Unión FENOSA de 1989. Ao mesmo tempo, case anualmente, segue a expoñer en solitario en galerías como Lepina ou Novecento, en Vigo, Joaquin Mir de Palma de Mallorca, Trinta de Santiago, etc.
Mantecón gustou sempre do papel como soporte preferente, pero, sen abandonalo, ao longo dos anos oitenta emprega o gran formato, sempre fidel –xa queda dito- á súa pintura conceptual e ao constructivismo monocromo de formas xeométricas que, nos anos noventa, dentro da súa opción analítica, engade unha mayor presencia dos valores plásticos.
No tocante ao deseño gráfico, traballa en diferentes eidos políticos, sindicais, culturais, editoriais, empresariais. A saber:
Artista comprometido coa esquerda, fixo cartéis para organizacións políticas e sindicáis, como o l Movemento Comunista de Galicia, Esquerda Galega, a CXTG ou o Sindicato Galego de Traballadores do Ensino.
é obra súa, asimismo, a imaxe gráfica de entidades culturais como o Nova Escola Galega, Galix, Clube Cultural Adiante o Xuventudes Musicais de Vigo.
No mundo editorial, traballou para Galaxia, deseñando coleccións como “Dombate”, “Obras completas” ou “Diccionarios” e múltiples capas noutras coleccións; “Cómplice”, “Gaivota” e “Narrativa” de Edicións do Cumio; os “Clásicos Galegos” da Ed. Sotelo Blanco; “A Fraga” de Ir Indo Edicións, ou a colección “Ferros” de Ed. Xerais. E deseñou tamén revistas “de culto” como A Trabe de Ouro ou o Anuario de Estudios Literarios Galegos.
No eido empresarial destacan traballos coma o deseño de etiquetas de viños coma Fillaboa e Terras Gauda (e toda a imaxe corporativa desta última) o la renovación gráfica de la firma “Miau” de Conservas Alfageme.
Na década dos noventa, en fin, o deseño gráfico enche o seu tempo de tal modo que abandona a docencia. Un bo testemuño de tal adicación, dano as adegas Terras Gauda, que hoxendía convocan un concurso de Cartelismo publicitario co seu nome (Concurso de Carteis Francisco Mantecón, de deseño gráfico industrial), ao que acuden artistas de todo o mundo.
E sobre todo, non cesou a obra do pintor no seu estudio, solitaria, que mantivo até o último momento unha arte pictórica rigurosamente meditada, da que puideron sair as outras manifestacións. O pintor Francisco Mantecón acadara unha linguaxe propia que, paradoxalmente pola súa singularidade sintetizadora, eleva ao artista da historia da Arte contemporánea e Galicia á súa consideración universal.