Mantecón, senlleiro pintor galego da xeración atlántica dos anos oitenta do século XX

Francisco Mantecón Rodríguez naceu en Vigo e alí faleceu en 2001, en pleno exercicio da súa madureza artística e intelectual, e dono dun recoñecido prestixio no eido das artes plásticas de Galicia

Francisco Mantecón
Pintor de vocación moi temperá –da que restan pegadas e anécdotas memorables, pois sorprende contemplar os riscos xa tan firmes nos seus debuxos infantís, que se dirían hiperrealistas, e cóntase como era quen de “colgar clase”, justificando sinxelamente este feito, por ter quedado pampo na contemplación das relucenzas do sol nas follas duna árbore, o xogo das súas sombras no chan, o esplendor dos espellos ou ben un espazo limpo, motivos que moitos anos máis tarde acoutaría nos seus cadros-, creceu nunca familia culta e amante dos libros e da arte –nomeadamente a música, xa que o seu pai, dunha estirpe de melómanos, era crítico musical.

Esta atmósfera proporcionoulle unha sólida formación e un carácter de esteta; sen embargo ao rematar o Bacharelato, foi orientado cara uns estudios superiores de inxeniería, frente aos que había de se arrepoñer marchando para Europa –Bélxica concretamente, durante unha etapa contestataria na que viviu pola súa conta aquela vocación.

De retorno provisional a Vigo, participou en todas as edicións das Exposicións de Pintura ao Aire Libre da Praza da Princesa, que, celebradas dende 1968 até 1975 e organizadas polos propios artistas, supuxeron o caldo de cultivo da vangarda da arte galega, na que o pitor Mantecón ocuparía un lugar recoñecido dende entón (na cita da Praza da Princesa de 1971, conseguiu unha bolsa de estudios, por exemplo) e á que sempre habería de estar ligado.

Por esa altura, comezaron as súas exposicións individuais, ademais de participar noutras significativas mostras colectivas: en 1970 expón individualmente na Caixa de Aforros de Vigo onde volve mostrar a súa obra en 1972, así como na sala Jofer de Pontevedra; e participa na exposición do instituto pro-Beiras de 1970, na Bienal de Arte de Pontevedra de 1971 e no I Salón Independente de Arte de Galicia de 1973, en Vigo, cunhas obras que naquel momento se definirían dentro dunha figuración sobria e persoal.

Entre 1972 e 1976 estudia Belas Artes, na Escola S. Jordi de Barcelona, pensionado pola Deputación de Pontevedra. Alí entra en contacto con outros movementos da arte de vangarda doutras latitudes e evoluciona cara unha abstracción expresionista que, a finais desta década, transforma en abstracción xeométrica de formas esquemáticas e monocromáticas, á que se manterá fidel durante toda a súa vida.

Dende mediados dos anos setenta comeza a practicar o deseño gráfico que acentúa as estructuras analíticas, planas, con modulacións de luces sutís, fondos negros e líneas paralelas, sinais de identidade da súa pintura cuxa preeminencia na plástica que practica dun xeito global (o grabado, a fotografía, etc.) non abandonará nunca.

As exposicións sucédense dende entón: a súa obra soa en galerías como a coruñesa Ceibe, en 1973 e 1976, a Atalaya de Gijón, e 1976 e 1977, e a Tótem Grup d´Art de Barcelona en 1977, e en diversas mostras colectivas en Barcelona, Madrid, Oviedo ou Santiago.

Grupo Atlántica

En 1978 retorna de modo definitivo a Vigo, par exercer como profesor de debuxo nun instituto da cidade. Son os tempos en que bota a andar en Baiona o grupo Atlántica, do que foi un dos fundadores, a pesares de que o seu estilo estaba en contraposición co expresionismo do resto dos integrantes. Espuxo en todas as mostras do grupo deica “Atlántica 83” , ademais de ser seleccionado tamén para outras exposicións de arte galega como “Imaxes dos 80 dende Galicia” (1984), “Tempos de Pintura” (1985), a mostra de artistas galegos da Conselleria de Cultura en ARCO 83 e 84, ou a Mostra Unión FENOSA de 1989. Ao mesmo tempo, case anualmente, segue a expoñer en solitario en galerías como Lepina ou Novecento, en Vigo, Joaquin Mir de Palma de Mallorca, Trinta de Santiago, etc.

Mantecón gustou sempre do papel como soporte preferente, pero, sen abandonalo,  ao longo dos anos oitenta emprega o gran formato, sempre fidel –xa queda dito- á súa pintura conceptual e ao constructivismo monocromo de formas xeométricas que, nos anos noventa, dentro da súa opción analítica, engade unha mayor presencia dos valores plásticos.

No tocante ao deseño gráfico, traballa en diferentes eidos políticos, sindicais, culturais, editoriais, empresariais. A saber:
Artista comprometido coa esquerda, fixo cartéis para organizacións políticas e sindicáis, como o l Movemento Comunista de Galicia, Esquerda Galega, a CXTG ou o Sindicato Galego de Traballadores do Ensino.
é obra súa, asimismo, a imaxe gráfica de entidades culturais como o Nova Escola Galega, Galix, Clube Cultural Adiante o Xuventudes Musicais de Vigo.

No mundo editorial, traballou para Galaxia, deseñando coleccións como “Dombate”, “Obras completas” ou “Diccionarios”  e  múltiples capas noutras coleccións;  “Cómplice”, “Gaivota” e “Narrativa” de Edicións do Cumio; os “Clásicos Galegos” da  Ed. Sotelo Blanco; “A Fraga”  de Ir Indo Edicións, ou  a colección “Ferros” de Ed. Xerais. E deseñou tamén revistas “de culto” como A Trabe de Ouro ou o Anuario de Estudios Literarios Galegos.

Cartel para Terras Gauda

No eido empresarial destacan traballos coma o deseño de etiquetas de viños coma Fillaboa e Terras Gauda (e toda a imaxe corporativa desta última) o la renovación gráfica de la firma “Miau” de Conservas Alfageme.

Na década dos noventa, en fin, o deseño gráfico enche o seu tempo de tal modo que abandona a docencia. Un bo testemuño de tal adicación, dano as adegas Terras Gauda, que hoxendía convocan un concurso de Cartelismo publicitario co seu nome  (Concurso de Carteis Francisco Mantecón, de deseño gráfico industrial), ao que acuden artistas de todo o mundo.

E sobre todo, non cesou a obra do pintor no seu estudio, solitaria, que mantivo até o último momento unha arte pictórica rigurosamente meditada, da que puideron sair as outras manifestacións. O pintor Francisco Mantecón acadara unha linguaxe propia que, paradoxalmente pola súa singularidade sintetizadora, eleva ao artista da historia da Arte contemporánea e Galicia á súa consideración universal.